Aproveitando a cantidade de material educativo que a NASA ten a libre disposición e no seu portal sobre o sistema solar, aquí tendes unha serie de cadernos de actividades e láminas divulgativas sobre o sistema solar para colorar, traducidas ao galego. Agardo que pasedes unha boa tarde coas vosas crianzas colorando os planetas e o Sol, mentres fomentan a súa imaxinación e gusto pola ciencia. Se gostades delas podedes imprimir estas outras dos Exoplanetas, tamén traducidas.
Recomendo imprimir os PDF, xa que dan mellor resultado que as imaxes.
A nosa estrela: o Sol
Pequeno caderno para colorar que amosa moitas características do Sol adaptado ás crianzas, deseñado por Daniel Vong. Podedes ver máis versións aquí.
Mercurio
Venus
Terra
Nesta lámina a imaxe da terra substituína por unha na que non se enfocara a América do Norte no centro, podedes ver a orixinal aquí.
Marte
Sobrevivir e prosperar en Marte
Caderno de actividades sobre Marte, actividades dos 5 aos 12 anos.
Xúpiter
Xúpiter - misión Juno 1
Lámina baseada nesta imaxe de Xúpiter durante a misión Juno.
Saturno
Urano
Neptuno
Curiosity
Perseverance
Mars Helicopter
Se gostades deles a NASA ten publicadas
unha morea de láminas, en inglés, xogos coma sopas de letras e bandas
deseñadas. Agardo de novo que as vosas crianzas gocen moito colorando
estas láminas e que gañen interese pola ciencia e desenvolvan a súa
creatividade. E tamén as traducidas de Exoplanetas.
Créditos: NASA.
Comentarios
Publicar un comentario