Iconas

Comecei organizado un pouco series e filmes descargando as iconas sobre todo de Devianart, onde hai moitas. E despois púxenme a facer algunhas máis tamén con escritoras, para a miña biblioteca de ebooks, e das creadoras galegas que máis sigo, como pequeno agasallo, obrigadísimo polo traballo que facedes! Até o momento fixen as que aquí podes ver, mais é posíbel que aumenten co tempo.

Cada unha contén o arquivo .ico para a personalización, a imaxe en .png e nalgús casos, o arquivo .xcf para a edición en Gimp. Algunhas ao seren brancas, teñen tamén unha versión en gris moi claro, para que faga contraste se usas un tema de Windows con fondos brancos (o cal che recomendo que cambies a escuro, pola saúde dos teus ollos).

A calidade das imaxes nalgúns casos non é moi boa, mais recorda que no seu uso, no explorador de arquivos do Windows, non as vas ver tan grandes.

Series

Matalobos

Matalobos

 Padre Casares

Padre Casares

Creadoras galegas


Se queres gardar a túa biblioteca de series ou filmes con iconas coma estas só tes que buscar en Google polo título e engadir "folder icon". Terás unha morea de versións, segundo a súa fama, para descargar. Recomendo usar as de Devianart. Nalgúns casos só haberá dispoñíbel un arquivo de imaxe e non o .ico. Para transformar calquera imaxe hai múltiples servizos web que o fan nun intre, mais recomendo que teñas instalado o File Converter, que permite converter entre diferentes formatos, non só imaxes.

Como se usan?

Para personalizar as pastas (ou cartafoles) hai que seguir estes pasos:

1. Click dereito - Propiedades

2. Click na lapela Personalizar e despois no botón Mudar icona...

3. Click no botón Explorar e selecciona o arquivo .ico co que queres personalizar (é máis doado que teñas unha pasta coas iconas dentro da pasta que queres personalizar).

4. Click en Aceptar e despois en Ok. A túa pasta xa estará personalizada. É posíbel que teñas que actualizar para poder vela.

Para velas máis grandes podes poñer iconas extragrandes no Windows, a modo de biblioteca de medios.


Aquí tendes o modelo que usei, por se vos presta facer as vosas.

Estas iconas conteñen imaxes que teñen en cada caso dereitos de uso de cadansúas propietarias.

Comentarios