O Pedro Sánchez é o novo presidente do reino, por moi contraditorio que a frase semelle. Non foi sinxelo, nin rápido, mais despois dunha sesión de investidura totalmente ridícula é un feito. Ocorreu nun concurso de ver quen ten o pirolo máis longo, no que todo o mundo puido gozar de algún minuto preferido. Penses o que penses terás o teu heroe e odiado, da igual que sexas unionista ou pro autodeterminación, de dereitas ou esquerdas. Moi en liña co que viñamos vendo, co que está por acontecer e co nível dos protagonistas.
For coma for, o caso é que dende un punto de vista social e de dereitos callou a mellor das opcións posíbeis, dentro do que había. O goberno de "coalición progresista" entre o PSOE e Unidas Podemos promete no seu pacto moitas cousas con moi pouco calado e poucas con moito, como é normal. Mais diso xa se ten escrito e máis que se escribirá. Porén aquí só vou analizar as que teñen que ver con Galiza. PSdeG, En Común-Unidas Podemos e BNG sacaron estes días os resultados dos seus pactos, medallas que en realidade deberían agardar a que nós llas colguemos unha vez gañadas.
PSOE e Unidas Podemos, "coalición progresista"
Non é público que peso tivo o Caballero (calquera dos dous) ou o PSdeG no pacto de goberno entre o PSOE e Unidas Podemos, mais o Pedro Sánchez aparece por todos os lados. Até seis memes diferentes prodigando o acordo, "Un goberno progresista ao servizo d@s galeg@s". Comezo eliminando todas as que non son específicas para Galiza:- Incremento do gasto público en educación
- Eliminación de copagos farmacéuticos
- Avanzar na loita contra a violencia de xénero
- Actualización das pensións conforme ao IPC
- Derogación da LOMCE
- Frear as subidas abusivas de aluguer
- Equiparación por lei dos permisos de maternidade e paternidade
- Novo Estatuto dos traballadores
- Transición enerxética xusta con compensacións territoriais, [...]
- Aprobación do Estatuto da industria electrointensiva
- Compensacións por emisións de CO2 a industrias electrointensivas


- Transferencia da AP-9 ao longo do 2020
- Inclusión da AP-9 no sistema de compensación de rebaixa das peaxes para concesións aún vixentes.
- Bonificación 100% das peaxes para usuarios recurrentes
- Gratuidade dos peaxes Vigo-Redondela

- Impulsar a axenda industrial galega
- Posta en marcha da Mesa Alcoa-San Cibrao e garantir os compromisos con Alcoa-Coruña
- Compromiso coa industria naval galega

- Aposta pola rede ferroviaria galega
- Impulso do Corredor Atlántico
En cuanto ao Corredor Atlántico, outra intención con isa palabra, impulso, xorden moitas preguntas. Haberá un aumento de servizos? Alta velocidade entre Ourense e Lugo? O Corredor Atlántico comprende o Corredor Cantábrico? Alta velocidade entre A Coruña e Bilbao?
Outra medida que non é tal. O mantemento das rías é unha obriga da administración, non se pode vender como novidade o que é o traballo habitual dun goberno. Só faltaba que deixaran as súas funcións.
- Recuperación do Pazo de Meirás
O PSdeG está xa en campaña para a Xunta e vende todo, está de saldo. Están a nada de sacar un meme de Pedro Sánchez almorzando a diario. Declaracións de intencións e moi poucas propostas en firme. O peor, que a maioría non son propostas, son xestións que a adminstración ten que facer, unha panadeira lóase por facer moi bo pan, non por só facer pan, que é o seu traballo.


- Programa de retorno das persoas emigradas
- Loita contra os lumes
- Estatuto electrointensivo
- Plan de desenvolvemento industrial
- Loita contra as deslocalizacións
- PAC suficientemente dotada de recursos
- Ratificación do convenio 188 da OIT sobre pesca
- Eliminación do voto rogado
- Estratexia "Nacional" contra o despoboamento
- Medio rural vivo
- Titularidade compartida da
s explotacións agrarias
- Descentralización
- Promover a conexión interterritorial


A que nos falta, que poñen moi acertadamente de número 1 xa que é a única específica para o país, é a do Pazo de Meiras. Tal e como dixen do PSdeG, agradécese, é necesario e toda a axuda que en Madrid poidan prestar para o restablecemento benvido será.
PSOE e BNG

As propostas e memes pódense tamén clasificar en dúas partes. Aínda que como partido de ámbito nacional son un pouco máis hábiles á hora de matizar as medidas que ben se puideran vender en Toledo, non para "facer valer Galiza":
- Transferencia da AP-9
- Rías galegas limpas e sen contaminación
- Combatendo a Violencia Machista
- Mantendo a industria e o emprego
- Financiamento da Dependencia
- Emigrantes retornad@s

De novo a mención do Corredor Atlántico asáltame as mesmas dúbidas. Especifican máis concretamente cales son os posíbeis puntos a mellorar, como a modernización da rede en puntos coma A Coruña-Ferrol ou Ourense-Lugo. Mais non fai fincapé no peche de estacións e liñas, nin na estación de Ourense. Todo o que se faga en prol da mellora das infraestruturas galegas será positivo, mais non parece que este pacto vaia a frear o recorte de servizos que estamos a vivir.
O galego está a sufrir o peor momento da historia. Nunca antes se falou menos. As políticas que vaian en prol da normalización do uso da nosa lingua en todos os ámbitos non só son precisas, son urxentes. Aínda que é unha labor máis ben da Xunta, o BNG foi moi hábil metendo a recepción das canles portuguesas de televisión, xa que favorecerán a normalización e a inmersión.
Ante un posíbel cambio do status das diferentes autonomías e os seus estatutos, Galiza debe gañar todas as consideracións que as outras obteñan. Para iso, a mellor maneira é a que se propón neste pacto, a transferencia de todas as competencias pendentes, ou o que é o mesmo, facer cumprir a lei. De novo a administración ante o reto de facer o seu traballo.
Todos os partidos venden os seus acordos e iso é lexítimo. Mais deberían ser un pouco máis comedidos á hora de difundilos. Son só pactos, declaracións de intencións e en moi poucos casos medidas e prazos concretos. Todos os partidos minten á hora de dicir que son logros, que xa se gañou algo. O BNG chega a decir que o conseguiu un monte de medidas, totalmente inaceptábel. A súa labor é traballar e desenvolver políticas e, unha vez conseguidas, de verdade, poden vendérnolas. O papel sopórtao todo, mais o traballo diario é o que valoraremos nas eleccións á Xunta.
A campaña vaise facer moi longa e cada quen tratará de gañar a súa cota de pantalla co que ten, é decir, apenas nada. Previsibelmente terán que se poñer as tres formacións de acordo para que haxa unha alternativa a Feixoo e a correlación de forzas terán moito que ver con ese traballo que veremos nos vindeiros meses. Quen consiga converter estas intencións en logros, ou polo menos quen menos deixe de cumprir, terá máis opcións de liderar ese posíbel goberno galego. Somos nós quen decidiremos quen é máis de fiar, cal é a opción que mellor defenderá os intereses das galegas. Eu téñoo claro, debería haber unha outra candidatura, mais se non se da o caso, haberá que elixir entre as opcións que venden antes de facer.
Imaxe de capa: Propaganda, de TayebMEZAHDIA con licencia Pixabay.
Comentarios
Publicar un comentario