A relación de todos os dirixentes do Partido Popular na Galiza co narcotráfico non é só vox populi, está demostrada en numerosas investigacións xornalísticas e, non tantas en sentenzas xudiciais. É algo que todas coñecemos mais compre facer un repaso para non esquecer nin esvaer a gravidade do que aconteceu e que nada fai pensar que se teña detido. Non aporto ningunha información nova, nada que non se teña publicado antes, simplemente é un resumo histórico, a modo de recompilación de información pública.
Os anos 70, a UCD e a AP de Fraga
En 1977 créase a Xunta e a UCD nomea ao Antón Rosón primeiro presidente da futura autonomía. O Antón Rosón participara da Falange, da FET y de las JONS e da creación da Alianza Popular na Galiza, á que voltaría anos máis tarde. No 79 a UCD, partido maioritario no país, decidiu substituílo polo Xosé Quiroga, fundador da Alianza Política Orensana xunto co Vitorino Núñez, que remataría por integrarse primeiro na Coalición Galega e máis tarde no Partido Popular.Nesta época, finais dos 70, é cando o contrabandista Vicente Otero "Terito", que nunca chegaría a ser condenado, entra na escena política. O expresidente do Celta de Vigo, acabaría recibindo a medalla de ouro e brillantes do Partido Popular despois de ter sido compromisario do partido. Segundo o Nacho Carretero, íntimo amigo do propio Manuel Fraga. O narcotraficante Alfredo Bea foi alcalde do Grove en 1975 pola UCD, e nos 80 por un grupo independente que se acabaría integrando na Alianza Popular. O tamén amigo do Manuel Fraga foi condenado diversas veces por narcotráfico.
Se ben non podemos asegurar que tanto a UCD como a AP foran financiados polo narcotráfico, as vinculacións e incluso as militancias destes narcotraficantes cos dous partidos van máis alá da evidencia. Os primeiros presidentes, non electos, compartiron partido, a UCD, cun narcotraficante condenado, que chegou a ser alcalde, tamén non electo. Despois pasáronse á Alianza Popular do Manuel Fraga. A relación de ambos partidos co narcotráfico é incontestábel dende os anos 70 até agora, cando o "Terito" aínda figura como propietario da sé do Partido Popular de Cambados.
Os anos 80 de Albor
![]() |
Extracto do Diario de Sesións do Parlamento El diario |
![]() |
Carné do deputado provincial Manuel Díaz "Ligero" VigoEmpresa |
Nesta década diferenciar o narcotráfico da Alianza Popular/Partido Popular é moi difícil. Non nomeo aquí todos os casos que existiron de narcos concelleiros ou militantes do partido, mais son moitos. Tantos que chegaron a cargos de importancia, como diversas alcaldías e cabe destacar o caso da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa, da cal foi secretario no seu momento o Pablo Vioque e da cal foi asasinado o seu tesoureiro por un axuste de contas co narcoavogado. Narcotraficanes sendo destacados membros do PP, con millóns de pesetas en negro. O mesmo presidente da Xunta Albor admitiu en se parlamentaria unha reunión cuns narcotraficantes fugados da xustiza. Hai que demostralo mais asemella evidente como se financiaban esas campañas electorais. Tal e como o narco Manuel Fernández Padín explica anos despois da Operación Nécora, as administracións públicas son parte do negocio.
Os anos 90, Fraga e Feixoo
No 89 o Manuel Fraga díxolle ó Raxoi aquelo de "Mariano, vete a Madrid, aprende gallego, cásate y ten hijos" e no 90 gana as eleccións á presidencia da Xunta e comezan os anos dourados do PP galego. Eran tamén os anos dourados da cocaína e da heroína. E a época dourada do "Sito Miñanco" e mais o Laureano Oubiña que xa comezaran da man do Manuel Charlín e o propio "Terito", o novo e o vello xeito. Precisamente hai un episodio no que os xeitos diferentes de facer as cousas remataron a tiros discutindo canto debían darlle ó Partido Popular. Sen esquecer que o Pablo Vioque seguía sendo o eslavón intermedio, ou máis ben o home do cártel no partido, neste tempo temos que falar de outro Dourado.![]() |
Dorado e Feixoo en Ibiza, 95 El País |
O cambio de milenio e o Marianismo
![]() |
Raxoi no narcobarco Moropa 2009 Galicia Confidencial |
As investigacións tardan anos e hoxe sabemos o que aconteceu hai 10. De aí en adiante non sabemos nada, o que non significa que non sigan sucedendo. As prácticas foron as que foron e as personaxes seguen a ser as mesmas. Nada indica que isto deixara de acontecer e até dentro de 10 anos non saberemos se, como parece que xa fixo no pasado, o Partido Popular do Feixoo está a financiar a súa campaña á Xunta con droga.
Imaxe de capa: Dorado e Feixoo na ría de Vigo, 95 El País
Vídeos: La Sexta
Comentarios
Publicar un comentario