Calendario de eventos culturais e tamén de outros ámbitos que teñen lugar en Ourense e en todo o país que considero son interesantes e merecen difusión. Podedes subscribirvos ao calendario de Google e telo sincronizado nos vosos telemóbeis e deste xeito saber que vai a acontecer nos vindeiros días. Ou podedes consultala nesta páxina, á que podedes acceder dende a lapela eventos da portada.
Todos os eventos que están neste calendario teñen unha ligazón na descrición, habitualmente ás redes sociais onde os atopei, mais nalgunhas con máis información, como a billeteira e o prezo do billete. Tratarei de ir actualizando en cuanto vaia sabendo o que acontece e coa suficiente antelación. Todas as suxestións son benvidas.
Suscribirse ao claendario
Se te queres subscribir só tes que facer click na ligazón de arriba e terás no teu Google Calendar todos os eventos, diferenciados por cores:- Azul: A Arca da Noe
- Preto: Café Cultural El Pueblo
- Vermello: Cineclube Padre Feijoo
- Verde: Plataforma Tren Digno Ourense
- Lilás: Feminismo
- Amarelo: Festa
- Naranxa: Festivais
Imaxe de Capa: kyconvention.com