Evo Morales
Mudou totalmente a política e a sociedade boliviana. Reducindo os indicadores de pobreza, desigualdade e analfabetismo a mínimos históricos, non só no país, se non como referente no seu entorno. Nacionalizou os recursos do país, que explotou de maneira conxunta con investidoras internacionais a través de empresas estatais. Mudou tamén a constitución, construíndo un estado social e plurinacional.
Todo isto é grazas, ou debido, a políticas socialistas (socialismo ben entendido, non coma na Europa) a través do partido Movemento ao Socialismo. E este detalle é o no que moitas analistas se fixan á hora de explicar o golpe de estado que sucedeu no país sudamericano. Se ben é certo que unha parte da poboación boliviana, as grandes empresas, tanto nacionais como transnacionais, os poderes políticos internacionais e os intereses que todos estes grupos comparten é o caldo de cultivo para que nos últimos anos haxa unha oposición mediática importante ao seu goberno; non podemos esquecer que estas políticas levounas a cabo durante nada menos que trece anos mais non chegamos a este punto de conflito até agora. Podemos pensar que mentres Chavez estaba vivo ninguén se atrevería a tentar tomar o poder pola forza en ningún dos países da América Latina, incluída a Venezuela. Este caso ten un aspecto diferencial, unha faísca, a pinga que fai que todo se desencadee.
Vaiamos día a día nesta casualidade que aconteceu no último mes.
2006-2009
Mais antes hai que remontarse a este período, cando o goberno de Bolivia é consciente da necesidade da explotación dos xacementos de Litio no Salar de Uyuni, o máis grande do mundo. Co litio comezou todo.O litio como novo recurso estratéxico
Todas levamos un anaco de litio no peto, mais aínda máis, cada día, levamos máis litio posto. Reloxos intelixentes, auriculares bluetooth, cepillos de dentes, todas as baterías da tecnoloxía doméstica están feitas con este mineral. Mais non é só isto, os carros e bicicletas eléctricas, os VMP, e incluso as baterías que nuns anos teremos na casa para acumular enerxía todas estarán feitas de litio. O litio é o novo recurso estratéxico, e o acceso a litio, en grandes cantidades, é unha guerra pola enerxía semellante á que vivimos até agora polo petróleo.
Litio de RTC CC BY-SA 3.0 wikipedia
2010-2018
A maior parte das potencias tecnolóxicas do mundo trataron de chegar a un acordo coa Bolivia. O trato era claro, Bolivia non tiña nin a tecnoloxía nin o potencial económico como para sacar rendemento destes xacementos e, a cambio da participación, era esencial que os procesos e a fabricación de baterías ficaran no país e fora unha fonte de riqueza e non unha esquilmación de recursos. China, Franza, Corea do Sur, Irán, Xapón e moitos outros países fracasaron nas negociacións, só Alemaña, a través de ACI Systems, conseguiu chegar ao disputado acordo en outubro do 2018. Mais en decembro do mesmo ano ACI Systems di que non fabricaría as baterías na Bolivia, condición indispensábel para o acordo de explotación. As negociacións continuaron durante todo o 2019.7 de outubro de 2019
Despois de meses de protestas, estas agrávanse en Potosí. Denúnciase que o goberno de Morales está entregando o litio da súa rexión á empresa alemá, e reclaman o incremento dos royalties que lles corresponden.20 de Outubro de 2019
Evo Morales é reelexido como presidente da Bolivia, mais as eleccións son consideradas por opositores, sectores empresariais bolivianos, OEA e UE como irregulares.25 de Outubro de 2019
O Tribunal Supremo Elecotral remata por dar por válidas as eleccións e ábrese a que tanto OEA e UE poidan facer unha auditoría.3 de novembro de 2019
Tras semanas de negociacións o goberno boliviano decide rachar o acordo con ACI Systems. Despois das protestas das indíxenas e a negativa da empresa a reconsiderar o acordo Evo Morales anuncia a derogación do decreto da empresa mixta boliviana-alemá para a explotación do litio.Acordo entre Wolfgang Schmutz (ACISA) e Juan Carlos Montenegro (YLB) © Deusche Welle |
6 de novembro de 2019
Wolfgang Schmutz, CEO de ACI Systems, envía unha carta ao Ministerio de Economía de Alemaña na que di "Estamos seguros de que o noso proxecto de litio poderá continuar despois dunha fase de pacificación e clarificación política". Despois dunha fase de pacificación e clarificación política, repito, despois dunha fase de pacificación e clarificación política.7 de novembro de 2019
Comezan as protestas nas principais cidades de Bolivia, estas protestas non están dirixidas polas indíxenas que protestan contra a minaría, se non contra o goberno boliviano debido ás dúbidas sobre as eleccións.10 de novembro de 2019
Evo Morales anuncia que realizará unhas novas eleccións para borrar toda sombra de dúbida sobre o proceso realizado menos de un mes antes, ca auditoría da OEA e da UE.11 de novembro de 2019
Ante a presión do exército e da policía Evo Morales anuncia que renuncia á presidencia. Tanto a OEA como a UE consideran que non é un golpe de estado, xa que só houbo unha presión ao presidente e este renunciou.12 de novembro de 2019
Jeanine Áñez, do Movemento Social Democrático, partido de corte liberal e cristián asume a presidencia.Deste xeito podemos pensar que é unha loita de ideoloxías, desculpalo con que Evo se estaba a "pasar" da liña, que o socialismo estaba afundindo a economía da Bolivia. O certo é que todos os indicadores socioeconómicos subiron nos últimos dez anos. A realidade, tristemente, é que o capitalismo non ten ideoloxía máis que o diñeiro, e o diñeiro sempre vai ligado á enerxía. O futuro da enerxía está ligado ao litio e tanto a Bolivia como o Chile teñen as reservas de litio máis grandes do mundo. En Chile levamos máis dun mes de protestas, na Bolivia acabamos de asistir a un golpe de estado promovido por intereses puramente comerciais, de ACI Systems, de Alemaña e da Unión Europea. Precisamos o litio, en moita cantidade e a baixo prezo, e o conseguimos coma sempre fixemos,
Imaxe de capa: Evo Morales CC BY 4.0 Kremlin
Comentarios
Publicar un comentario